O Conto Estrelado

«Se es pai, de seguro que para ti un dos mellores momentos do día ten lugar cada noite. Non o digo por poderes descansar e ter uns minutos para as túas cousas. Falo dese intre no que o teu fillo che pide que lle leas un conto. É un momento voso, especial, case máxico. Ao que non renunciarías por nada. Ler é un pequeno ritual que non pode faltar antes de durmir. E como en todo ritual que se prece, hai unha serie de regras e de pasos. No caso da miña filla, ela pídeme que sente no chan, ao seu carón. Sinala o conto que desexa para esa noite e mírame nerviosa. Por moito que coñeza a historia, por moito que lle repita sempre os mesmos espaventos ou reproduza uns efectos sonoros limitados, ela é como se o escoitase por primeira vez. As palabras e as imaxes cobran vida. A túa voz é para o teu fillo unha ponte que o transporta a lugares marabillosos, que lle fan abrir os ollos, conter o alento ou debuxar o seu sorriso de arco da vella. É o momento no que, xusto antes de que chegue o sono, comezades a construír os seus soños. É a porta que o transporta lonxe, moi lonxe sen saír da túa beira. É o conto estrelado, brillante e a un tempo cálido e acolledor que o deixa con esa sensación doce na punta da lingua, esa que xorde xusto antes de que che diga ata mañá, de que o atrape Morfeo e lle acariñe as súas pequenas pálpebras rebuldeiras ata pechalas. Primeiro chega a escuridade. Pero, xusto a continuación, xorden os soños. Seguramente segue a escoitar a túa voz, pois non hai ningún narrador que supere a mamá ou a papá. Os contos continúan…»

Óscar Reboiras Loureiro

Cliente: Artworkatwork! Studio

ISBN: 9788489444959

Año: 2019/21

Categoría: Proyectos/ Autoencargos/ Editorial

Etiquetas: Diseño/ Maquetación/ Creatividades/ Mariña

Carballo

Na Libraría Clarión de Carballo 🌳, acompañado de Eva Cameán Pensado e Pepe Barro, produciuse unha conversa arredor dunha hora do máis agradáble e cálida. Moitas grazas á Libraría Clarión pola acollida.

Biblioteca Pública Ánxel Casal

Acompañados por Javier Peña López e Óscar Reboiras Loureiro, Michel Casado Freire e Raúl Marín Pazó falaron de libros e todo arredor deles dun xeito moi distentido e divertido. Moitas grazas á Ánxel Casal pola acollida.

Felicitación Navideña

«Porque tódolos nosos contos se enchan de estrelas…»
Ese foi o lema que se decidiu para a postal navideña do ano 2021 con gallo da publicación d’O Conto Estrelado.


#Llegué☺️😉😘

+Proyectos

Mejor es mejor

Arrastrar Ver
error: