Exposición "Obra Pictórica" Raúl Marín

«Obra Pictórica» es un conjunto de piezas con la vocación de conformar un corpus artístico cuya formalización se basa en la investigación y diálogo con la obra atendiendo a sus lógicas internas en el ámbito del expresionismo abstracto figurativo y lo matérico-escultórico.


Del 12 de noviembre al 1 de diciembre en el Centro Cívico Cultural de Arteixo dentro del marco del Outono Cultural de Arteixo 2021. Campaña que también ha realizado Artworkatwork! Studio.

Cliente: Raúl Marín

Año: 2021

Categoría: Proyectos/ Autoencargos/ Comunicación Cultural/ Pósters/ Campaña

Etiquetas: Diseño/ Aplicaciones/ Corporativo/ Publicidad


«A arte nace da emoción», aquilo que nos move e nos conmove, o que se agacha trala caixa negra dos nosos sentimientos. Un punto de partida e retorno que somos nós mesmos para con nós mesmos. Semella que por moito que o intentemos non podemos evitarnos. E máis das veces é o mellor que podemos facer…

Por moito que poida acentuarse esta postura de excesivamente romántica, non é para nada excluínte coa tradición propia das vangardas que proclamaba, en palabras de Mariano Peyrou en «Tensión y Sentido, Una introducción a la poesía contemporánea»: «Un poema no debe significar sino ser». Do mesmo modo que din que Picasso respondeu irado á pregunta sobor do significado das súas obras: «Por que a xente me pregunta polo significado? Se unha rosa pode existir sen ningún significado, por que non poden a miñas obras simplemente ser?».

Este exercicio, esta inútil labor a meirande parte das veces, de tentar quitarlle protagonismo ao significado para outorgarllo ao significante —aínda que imprescindível para pechar o esquema creador vs. espectador— de evitar que a obra se converta nun absurdo Test de Roschach, supón unha desafección máis ao sumatorio que conleva o netamente vocacional traballo creativo e a súa «mochila».

Por moito que, toda vez presentada a obra, isto poida ser moi fácilmente descoñecido e ignorado polo autor. Todos a estas alturas sabemos, ou deberiamos, que non podemos mudar o mundo, pero si os pequenos mundos que nos rodean…

Deste xeito, Raúl Marín (Bueu, 10/07/1979) de formación académica en Deseño de Comunicación Visual e Xestión Cultural, dende 2019 ven desenvolvendo obra coa principal premisa de evitar o traballo do significado e o simbolismo propio da súa profesión para centrarse exclusivamente en producir e non en reproducir sentido. Ignorando de maneira deliberada toda estrutura de lexitimación por pares, para situarse con total e absoluta liberdade diante do soporte pictórico para establecer un pequeno microcosmos relacional coa peza «driving eyes closed» e guiado únicamente polo mero pracer estético e intuitivo como vía de escape e cosmogonía a unha realidade cada día máis densa, tóxica e contaminada.

#CMPL (Como Mirar Por Luz) é unha recompilación de pezas cun único leit motiv: «toda a beleza e o amor desta vida». Como canta a canción «Guantanamera»: «en las cuevas de Cañar, la vida es tan bonita que parece de verdad». Ese era, é e será o obxectivo.

Román das Encrobas






Outono Cultural 2021
Esta exposición se celebra en el marco del Outono Cultural 2021 del Concello de Arteixo, campaña también realizada por Artworkatwork! Studio. Podéis acceder al Programa completo a través del siguiente enlace.

Galería

Mejor es mejor

Arrastrar Ver
error: