#CMPL (Como Mirar Por Luz)
#CMPL (Como Mirar Por Luz) é un conxunto de pezas xordidas do amor de Carballo coa vocación proxectual de conformar un corpus artístico propio cuxa formalización se basea na investigación e o diálogo coa peza, atendendo a súas lóxicas internas no eido do expresionismo abstracto figurativo informalista e o matérico-escultórico. Raúl Marín (Bueu, 1979) Deseñador de Comunicación Visual
e Xestor Cultural, aproveita esta vertente artística para crear sen as restriccións ou limitacións propias dos encargos da súa profesión e poñer de relevo a emoción do contexto no que se atopa.
—
Do 8 de febreiro ao 9 de marzo no Pazo da Cultura do Concello de Carballo no marco do Ciclo #CulturaConForza.

Cliente: Raúl Marín
Año: 2022
Categoría: Proyectos/ Autoencargos/ Comunicación Cultural/ Pósters/ Campaña
Etiquetas: Diseño/ Aplicaciones/ Corporativo/ Publicidad

—
«A arte nace da emoción», aquilo que nos move e nos conmove, o que se agacha trala caixa negra dos nosos sentimientos. Un punto de partida e retorno que somos nós mesmos para con nós mesmos. Semella que por moito que o intentemos non podemos evitarnos. E máis das veces é o mellor que podemos facer…
Por moito que poida acentuarse esta postura de excesivamente romántica, non é para nada excluínte coa tradición propia das vangardas que proclamaba, en palabras de Mariano Peyrou en «Tensión y Sentido, Una introducción a la poesía contemporánea»: «Un poema no debe significar sino ser». Do mesmo modo que din que Picasso respondeu irado á pregunta sobor do significado das súas obras: «Por que a xente me pregunta polo significado? Se unha rosa pode existir sen ningún significado, por que non poden a miñas obras simplemente ser?».
Este exercicio, esta inútil labor a meirande parte das veces, de tentar quitarlle protagonismo ao significado para outorgarllo ao significante —aínda que imprescindível para pechar o esquema creador vs. espectador— de evitar que a obra se converta nun absurdo Test de Roschach, supón unha desafección máis ao sumatorio que conleva o netamente vocacional traballo creativo e a súa «mochila».
Por moito que, toda vez presentada a obra, isto poida ser moi fácilmente descoñecido e ignorado polo autor. Todos a estas alturas sabemos, ou deberiamos, que non podemos mudar o mundo, pero si os pequenos mundos que nos rodean…
Deste xeito, Raúl Marín (Bueu, 10/07/1979) de formación académica en Deseño de Comunicación Visual e Xestión Cultural, dende 2019 ven desenvolvendo obra coa principal premisa de evitar o traballo do significado e o simbolismo propio da súa profesión para centrarse exclusivamente en producir e non en reproducir sentido. Ignorando de maneira deliberada toda estrutura de lexitimación por pares, para situarse con total e absoluta liberdade diante do soporte pictórico para establecer un pequeno microcosmos relacional coa peza «driving eyes closed» e guiado únicamente polo mero pracer estético e intuitivo como vía de escape e cosmogonía a unha realidade cada día máis densa, tóxica e contaminada.
#CMPL (Como Mirar Por Luz) é unha recompilación de pezas cun único leit motiv: «toda a beleza e o amor desta vida». Como canta a canción «Guantanamera»: «en las cuevas de Cañar, la vida es tan bonita que parece de verdad». Ese era, é e será o obxectivo.
Román das Encrobas

#CulturaConForza
#CMPL se celebra en el marco del Ciclo #CulturaConForza del Concello de Carballo. Podéis acceder al Programa completo a través del siguiente enlace.
Galería
Ver luz no es estar al sol
Técnica:
Arte Digital
Dimensiones:
50x70cm.
Serie:
15, Numerados y Firmados
Año:
2019
+Proyectos
Exposición #CMPL (Como Mirar Por Luz)
Cliente::
Concellaría de Cultura do Concello de Carballo
Año:
2022
Boas Prácticas e Xestión Cultural de Proximidade
Cliente:
Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC)
Año:
2015
—
Mejor es mejor